Asociación

Asociación Galega de Actividades Náuticas

A Asociación Galega de Actividades Náuticas, AGAN, é unha asociación sen ánimo de lucro que leva traballando en Galicia dende decembro de 2000.

O seu obxectivo principal é o de “difundir, organizar e defende-la calidade do Turismo Náutico. Así mesmo, preténdese protexer e conserva-lo medio acuático, así como fomenta-la cultura marítima entre a poboación xuvenil”.

Na actualidade, a asociación leva a cabo gran cantidade de proxectos estruturantes para a implantación de un Turismo Náutico de Calidade en Galicia. A Asociación nace, pois, coa clara intención de poñer tódolos medios ao seu alcance para levar ao mellor fin posible tales obxectivos, a través de calquera actividade, proposta, iniciativa, evento ou colaboración.


(C) 2004 - Reservados todos los derechos

Imprimir esta página