Saúda

Benvidos á nosa web

Como presidente da Asociación Galega de Actividades Náuticas quero, ante todo, darvos a benvida á nosa web. Unha web creada có firme obxectivo de poñer á vosa disposición toda aquela información que sexa do voso interese.

Dende AGAN estamos a traballar porque esta sexa unha fiestra ao mundo da náutica, un sector en pleno desenrolo ao que esperamos axudar a medrar en Galicia e que cada vez sexamos máis os que poidamos gozar do mundo da náutica e das marabillosas experiencias e amizades que esta proporciona.

A través dela poderedes coñecer mellor os proxectos nos que estamos a traballar, ou nos que colaboramos. Os resultados dalgúns deles veranse a medio ou longo prazo, outros xa están dando os seus froitos.

Quero tamén agradecer a tódalas institucións públicas, socios, colaboradores e amigos que nos teñen apoiado ao longo de toda a nosa corta pero intensa traxectoria, neste proxecto chamado AGAN así como o seu ánimo nesta nova etapa na que esperamos seguir medrando e mellorando. A todos, moitas grazas.

E recordarvos unha vez máis que dende a Asociación Galega de Actividades Náuticas estamos á vosa disposición para calquera tipo de cuestión que desexedes presentarnos.

Aproveito a ocasión para facervos chegar un afectuoso saúdo.



Francisco Quiroga Martínez
Presidente Asociación Galega de Actividades Náuticas


(C) 2004 - Reservados todos los derechos

Imprimir esta página