Na actualidade a Asociación Galega de Actividades Náuticas conta con máis de 40 socios dos diversos sectores da náutica e o turismo: asociacións, bases náuticas, comunicación e eventos, construcción naval, empresas de formación, de venta de vestimenta, aluguer e charter, etc...
Entre as múltiples vantaxas queimplica pertencer á Asociación Galega de Actividades Náuticas poderíamos destacar o enlace institucional e empresarial que supón un conglomerado tan importante do sector.
Por outra parte supón a promoción da asociación, empresa ou clube a través das publicacións que AGAN ven efectuando con periodicidade: newsletter, catálogos, web, etc...
Como socio de AGAN tamén disfrutará de descontos especiais nos Centros ao Aire Libre da Asociación, así como en tódolos eventos que organizamos (Xornadas Técnicas, Descenso do Ribeiro, etc...).
Pertencer a AGAN implica estar ao día do que acontece no sector turístico e náutico tanto na nosa comunidade como a nivel europeo, o que gracias ao asesoramento dos nosos técnicos pode traducirse como unha estupenda oportunidade de negocio.
|