I.- Podrán formar parte de AGAN:
a) Empresas ou entidades cuxa sé social esté na Comunidade Autónoma de Galicia ou ben que algunha das súas actividades se desenrolase no medio acuático da Comunidade Autónoma de Galicia
b) Particulares que desenrolen unha actividade náutica, turística ou en defensa do medio ambiente mariño.
c) Empresas, entidades e persoas que desenrolen actividades no sector do Turismo Náutico: Empresas de Charter, Turismo Activo, Portos Deportivos, Clubes Náuticos, Escolas de Formación de Deportes Náuticos, etc...
II.- Tipos de asociados:
a) Socios de Número: Pagarán cuota, terán dereito a voz e voto nas asambleas e a ser electores elixibles para os cargos da Asociación.
b) Socios Colaboradores: Exentos do pago de cuota, terán dereito a voz pero non a voto nas asambleas, non poderán ser nin electores nin elixibles para desempeñar cargos na Asociación.
c) Socios de Honor: Persoas ou persoeiros que a xuizo da Xunta Directiva teñan feito méritos nos campos que abarcan os fins da Asociación. Estas persoas están exentos do pago de cuota, non terán dereito a voz nin a voto, nas asambleas non poderán ser electores nin elixibles para desempeñar cargos na Asociación.
III.-Admisión de socios:
A admisión presentarase por escrito dirixido ao presidente solicitando ser admitido como membro de AGAN, deberá adxuntar os datos relativos á empresa. As solicitudes serán estudiadas pola Xunta Directiva e comprobarán que as actividades dos solicitantes coinciden cos estatutos de AGAN. En caso positivo comunicarase o alta como asociado e se inscribirá no libro de membros da Asociación. Quedarán excluidos os que non cumplan cos fundamentos estatuarios da Asociación.
|
 |
|