NEA 2 é un novo proxecto de cooperación transnacional continuación do proxecto NEA.
A primeira edición coseguiu reunir a 11 socios de 7 rexións (Mid-West, Irlanda, País de Gales, Cornualles, Bretaña, La Mancha, Galicia e Norte Portugal) e 5 países, cuxo obxectivo era o desenrolo coordinado das actividades náuticas e en especial do turismo náutico no Espazo Atlántico. Este primeiro proxecto de cooperación interrexional sobre a náutica levouse a cabo dende o 1 de novembro de 2004 ata o 31 de outubro de 2007.
O Balance de NEA foi moi positivo tanto a nivel de resultados obtidos como da fonte dinámica xerada nas rexións. Motivo polo cal os seus socios decidiron ampliar a súa cooperación traballando xuntos nun proxectos máis ambicioso:
O proxecto NEA 2, que foi motivo de varias reunións de traballo dende marzo de 2007, está enfocado cara un desenrolo sostible e coordinado de todo o sector náutico (actividades, portos de recreo, industrias, comercios e servizos) no Espazo Atlántico.
De aquí en diante serán propostas 22 accións, repartidas en 4 áreas:
- 6 accións "náutica e protección medioambiental" - 6 accións "náutica e desenrolo económico" - 6 accións "náutica e cohesión social" - 4 accións transversais tales como o desenrolo e a promoción dos Xogos Náuticos do Espazo Atlántico.
Este novo proxecto deberá ser presentado á Autroidade de Xestión do novo Programa Interreg Espazo Atlántico a comezos do 2008.
Coordinado polo Consello Rexional da Bretaña (Conseil Régionald e Bretagne), xefe de fila, NEA 2 será levado a cabo en cada rexión asociada por un grupo de socios (grandes colectividades, organismos que reagrupan ao sector náutico, institucións, ... ) que será o encargado da posta en marcha das accións.
|
 |
|