Unha Estación Náutica é un centro de servizos que integra a maior parte polo menos da oferta turística dunha localidade ou comarca, xeralmente costeira. O seu produto basease nos deportes acuáticos (vela lixeira e pesada, mergullo, piragüismo, esquí náutico, etc.) complementados con outras actividades de ocio-deportivas e culturais (sendeirismo, paracaidismo, visitas guiadas a espazos naturais e a museos, etc) así como o aloxamento.
Estas Estacións tratan, a través de controis, de que a calidade do servizo sexa homoxénea en tódolos establecementos adheridos libremente ca fin de brindar unha completa oferta a tódolos seus clientes.
Para saber máis: Estacións Náuticas - Disfrutaelmar
|
A primeira EN que se creou na nosa comunidade é a presidida por Eduardo Dopazo, Secretario de AGAN, a Estación Náutica Rías Baixas- Sanxenxo-O Grove. Dita EN conta con máis de 70 empresas asociadas que poñen ao alcance do turista hoteis, casas rurais, spa, restaurantes, adegas, campos de golf, karting, paseos a cabalo e todo tipo de actividades náuticas; para poder sacarlle ao O Salnés o maior partido posible. Esta EN combina o cruceiro polas rías e o Parque Nacional das Illas Atlánticas cunha espléndida gastronomía e a posibilidade de aloxamento en casas rurais.
Na EN Rías Baixas podemos encontrar dous produtos innovadores como “Navegar no Paraíso” que consiste nun día de navegación visitando a Ría de Pontevedra cunha ruta Gastronómica en Bueu, Combarro, Aldán, illa de Ons, etc. Gozando do mellor produto galego navegando. O seu outro produto “Navega: Fin de semana na Ría de Arousa” permite aloxarse en casas rurais.
As Rías Baixas é unha zona turística na que o sector do lecer e os servizos forman o motor principal da economía, é por isto que reúne un dos complexos de instalacións e equipamentos turísticos máis importantes da costa galega, ofrecendo unha ampla gama de posibilidades de lecer, diversión, descanso e vacacións, sen esquecer as súas estupendas praias.
Na EN Rías Baixas hai 6 empresas de náutica e 7 empresas de lecer: Centro de Buceo Bahía-sub, Acquavision Galicia, Galicia Marine Charter, Marina Vilagarcía, Baupres Yachting, Cruceros Rias Baixas S.l., Vapores Del Atlántico, S.L., Vilanova Peña, Club De Campo Reve, ...
Para máis información: Estación Náutica Rías Baixas ou Rías Baixas
|
 |
|
A principios de 2007 Galicia conseguía a súa segunda Estación Náutica, tras un periodo de loita constante por parte do seu presidente Gervasio Cao, vicepresidente de AGAN. A implantación de esta EN supón un gran paso dinamizador para o futuro de Ribadeo e da Mariña, xa que pertencer a este produto de calidade permite rentabilizar todo o potencial da costa mariñana.
Ribadeo conta cun fermoso patrimonio natural e paisaxístico e un litoral marcado por un sin fin de entrantes e saíntes. Destacan polo seu interese, a Ría de Ribadeo, incluida na REDE NATURA 2000, rede Europea de espazos protexidos; e a Praia das Catedrais, monumento natural incluído no Inventario dos espazos naturais da Rede Natura 2000 como Lugar de Importancia Comunitaria.
A Estación Náutica de Ribadeo pon a disposición dos usuarios un amplo catálogo de deportes náuticos que se poden practicar nesta Estación como son: o esquí náutico, o esquí bus, submarinismo, windsurf - surf, kaiak, vela ou servizo de Charters. Asemade pódense realizar actividades complementarias que non gardan relación coas actividades náuticas como btt e senderismo, tenis, padel e paintball.
Para máis información: Ribadeo
|
 |
|