Usted está aquí: Descenso Internacional de Remo
Seguir a: Promoción e eventos
General:

Buscar:

Descenso Internacional de Remo

I DESCENSO DE REMO DO RIBEIRO

O Descenso Internacional de Remo do Ribeiro é unha competición internacional de remo incentivada por AGAN, el real Club Náutico de Vigo e o Club Náutico de Castrelo do Miño, en colaboración coa Federación Portuguesa de Remo (categorías: banco móbil en 8+ ABM y 4x ABF / Distancia: 6000 metros contra reloxo) para valorizar o único campo de regata olímpica existente en Galicia.

O Descenso pertence á programación anual de eventos deportivos e culturais, cunha cita de alcance internacional para mediatizar un destino turístico con posición xeoestratéxica céntrica dentro da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

Máis información:Club Náutico Castrelo de Miño

Descenso do Ribeiro

I Descenso Internacional do Ribeiro

II DESCENSO DO RIBEIRO

A II edición do Descenso do Ribeiro “Open de las Naciones” tivo novamente a Astilleros como auténticos protagonistas do Remo masculino, acadando mellores tempos que o combinado nacional de Rumania, que tivo que conformarse co segundo mellor tempo. No 4 scull feminino, as tres seleccións nacionais participantes foron as que acadaron mellores tempos seguidas moi de pretos polas portuguesas do A.A. Coimbra, as francesas do Lyon Rowing Club e as asturianas do Castropol.

Esta segunda edición que contou cunha participación de case 400 deportistas vidos de distintos puntos de Europa estivo dividida en tres xornadas: o venres 29 foi unha xornada adicada aos adestramentos libres e aos actos oficiais. Os deportistas foron recibidos polo alcalde en funcións de O Carballiño e agasallados co prato tradicional: o polbo á feira, do que deron boa conta a pesares das caras iniciais de sorpresa.

O sábado 1 de marzo daban comezo os adestramentos oficiais, cunhas excelentes condicións meteorolóxicas: vento cero, as augas do encoro coma un espello, unha temperatura de case vinte grados e sol primaveral. Tal e como estaba previsto, ás 5 da tarde comezaba a proba de velocidade de 1000 metros en pista.

Primeiro tivo lugar as tandas de 4 scull femenino, que concluía coa vitoria da selección nacional de Bulgaria (03:09:31), por diante da selección de Rumanía (03:17:75) e Sueca (03:18:28).

Na lista de clubes, o Trofeo Cabreiroá pola súa victoria foi para o Gentse B de Bélxica (03:13:50), seguidas das portuguesas de Coimbra (03:17:53), mentres que o Gentse A (03:19:06) era terceiro e as herculinas de Perillo (03:33:69) cuartas. A quinta plaza era para Francia, Lyon Rowing Club (03:36:18) e a sexta para Castropol (03:39:03).

En categoría masculina, os actuais campións de España, Astillero (02:48:18) adiantáronse aos grandes favoritos, a selección nacional de Rumanía (02:49:41), que foron segundos, por diante do Infante Don Enrique de Lisboa (02:51:31), e o equipo do Real Clube Náutico de Vigo A (02:53:11), sendo a quinta plaza para outro clube galego Miño de Tui A (02:56:91).

A clasificiación nesta primeira proba de velocidade de 1000 metros en pista, establecíu a orde de salida da xornada do domingo.

O domingo 2, día do Descenso, unha densa néboa cubría Castrelo de Miño nas primeiras horas. Pero ás once, a visibilidade era boa e ás once e cuarto ordeabanse a saída.

As tripulacións competían contrarreloxo, e as saídas eran cada trinta segundos. Coma na xornada anterior, primeiro foi o turno dos 4 scull femininos e posteriormente os outtriger 8 con temoeiro masculinos.

As sucesivas mangas foron moi rápidas, houbo chegadas moi apertadas entre Astillero (19:20:01) e a selección de Rumanía (19:24:20). A continuación, a terceira praza foi para o Real Club Náutico de Vigo (19:49:15) que foron seguidos polos ingleses do London Rowing Club (20:04:99).

Mentres, na categoría feminina a vitoria foi para Rumanía (22:23:12), seguida de Suecia (23:01:34) e de Bulgaria (23:03:91). En clubes, as que acadaron os mellores tempos foron as féminas portuguesas do Académica de Coimbra (23:38:12), seguidas das francesas do Lyon Rowing Club (24:42:88) e a terceira praza para o Club de Mar de Castropol (25:21:22).

Á entrega de trofeos asistiron José Luís Baltar Presidente da Deputación de Ourense, Marta Souto Directora de Deportes da Xunta de Galicia e Xurxo Rodríguez alcalde do Concello de Castrelo de Miño, entre outras autoridades.

Tempos e clasificacións [37 KB]

Open de las Naciones

II Descenso do Ribeiro "Open de las Naciones"

III DESCENSO DO RIBEIRO

ÚLTIMA HORA: DESCENSO


III Descenso de Remo do Ribeiro

O vindeiro sábado 28 de febreiro e domingo 1 de marzo na pista Olímpica de Castrelo de Miño participarán por terceiro ano consecutivo os mellores equipos de remo en Europa.
Para máis información podes descargar aquí O PRE-ANUNCIO DE REGATA [61 KB] e a FOLLA DE INSCRIPCIÓNS. [60 KB]

Suecia adestra en Castrelo

Chegan os primeiros equipos a Castrelo

Xa se atopan en Ourense os equipos que Suecia presenta no Open das Nacións de Remo Olímpico que comeza a próxima semana en Castrelo de Miño. A expedición componse de 50 persoas entre deportistas e técnicos e a súa base é o Equipo Nacional Olímpico de Suecia e a Universidade de Estocolmo.Bernt Spielberger xefe da expedición sueca anuncia que utilizarán Castrelo de Miño como a súa base de adestramentos nas tempadas 2010 e 2011. LEER MÁIS... [43 KB]

Imaxes do III Descenso de Remo

III Descenso do Ribeiro