|
Dende 1994 e gracias á organización conxunta dos Xogos Náuticos Intercélticos que reunen tódolos anos, nunha manifestación deportiva e cultural, a preto de 800 representantes dos países e rexións celtas do Atlántico: Escocia, Galicia, País de Gales, Asturias, Norte de Portugal, Isla de Man, Irlanda, Cornouailles e Bretaña os lazos que unen aos organizadores de actividades náuticas dos citados territorios foronse estreitando e fortalecendo.
Así, o 30 de xuño de 2004, once estructuras de Portugal, España, Francia, Gran Bretaña e Irlanda asocianse para presentar un proxecto común no marco do programa Interreg IIIb "Espacio Atlántico", co fin -a través dunha colaboración interrexional das rexións atlánticas- de desenrolar o sector das actividades náuticas en ditas rexións.
As rexións protagonistas de esta I edición do NEA foron:
A Rexión do Norte, e máis especialmente a de VALIMA e o Área Metropolitana de Oporto (Portugal) Galicia (España) Bretaña e o seu departamento máis occidental: Finistère (Francia) O Departamento da Mancha (Francia) Cornouailles (Gran Bretaña) País de Gales (Gran Bretaña) A Rexión do Mid-West (Irlanda)
Os territorios anteriormente mencionados xa estiveran previamente asociados no marco de múltiples accións conxuntas dentro do sector da náutica (Organización e participación nos Xogos Náuticos Intercélticos; implementación e desenrolo en Galicia do concepto bretón de Classes de Mer, dos Puntos Pasión Praia e diversos intercambios, etc.) |
|
 |

|
 |
|
O obxectivo do proxecto era desenrolar, no marco dunha rede interrexional, a producción e o consumo de productos náuticos nas rexións do Espazo Atlántico de Portugal, España, Gran Bretaña, Irlanda e Francia.
O fin perseguido era, entre outros, o reforzamento da economía turística, respondendo así ás expectativas e á demanda das poboacións residentes. Con este motivo implementouse unha gama de produtos náuticos asociados a unha etiqueta de calidade e a unha marca "Náutica Espazo Atlántico". Dita gama de produtos proporcionou unha oferta común de calidade, xunto cunha serie de produtos específicos das diferentes rexións. Asimesmo, ditas accións foron desenroladas de forma coordinada polas rexións que foran dotadas de estruturas rexionais de realización do proxecto.
Para saber máis: Nautisme Espace Atlantique
|
|
 |