|
A Celtic Goodwill Raid é un evento náutico creado coa intención de viaxar ao redor da costa de Gales, Cornualles, Bretaña Norte, Normandía, as illas do Canle, Bretaña Sur e Galicia. A idea principal é que cada unha das nacións celtas invite ás outras nacións celtas a realizar unha ruta en barco ao redor das súas costas.
A Celtic Goodwill Raid naciu coa idea de fomentar as necesidades económicas dos sectores turístico e mariñeiro, xa que por unha parte fomenta o desenvolvemento do turismo náutico nas áreas costeiras e por outra parte consegue implicar a máis xente do eido local nos deportes e no turismo náutico creándose máis postos de traballo. Trátase de usar ao turismo para desenvolver a economía, sempre respectando os obxectivos de respe pola conservación do medioambiente.
Para 2008 estase a traballar por potenciar unha etapa en Galicia (Ferrol ou Vigo) que conta co apoio institucional da Dirección Xeral de Turismo.
Para saber máis: Celtic Goodwill Raid |
|
 |

|
 |