Saúda
Organigrama
Contacto
Formación
Comercialización
Promoción e eventos
Cooperación internacional
Desenvolvemento sostible
I+D+i
Socios actuais
Colaboradores
Axenda
Notas de prensa
Hemeroteca
Newsletter
 Promoción e eventos:  Descenso Internacional de Remo | Desafío Portos Pesqueiros | Confrarías a vela | Raid Rota Marítima | Xogos Náuticos do Espazo Atlántico | Xornada Técnica Turismo Náutico | Le Mille Sabords | Transgascogne 6.5

Xogos Náuticos do Espazo Atlántico


Os Xogos Náuticos do Espazo Atlántico foron creados en Bretaña en 1995, co obxectivo de aunar nun mesmo evento a promoción deportiva, turística e cultural das rexións e nacionalidades da Europa Atlántica. A mellor forma de facelo foi competir naquelas especialidades máis estreitamente vinculadas ao mar: o surf, a vela, o remo, o piragüismo e as actividades subacuáticas.

Os Xogos Náuticos Atlánticos percorreron o conxunto de rexións e países celtas: Bretaña, País de Gales, Galicia, Cornualles, Escocia, Asturias, Norte de Portugal, Irlanda, Pays de Morlaix (Bretaña), O Salnés (Pontevedra), Gijón, Cornualles e de novo Bretaña.

Estos Xogos son recoñecidos polas Federacións Internacionais das diferentes disciplinas náuticas. Ademais, dende 2003, os Xogos foron enriquecidos coa realización dun Mercado Celta, no que durante 3 ou 4 días, os diferentes países expoñen ao público numerosos produtos autóctonos.


Para saber máis: Xogos Náuticos do Espazo Atlántico 2008







Outro enlace de utilidade:

Páxina de recente creación do Comité Internacional dos Xogos Náuticos Intercélticos.Xogos Náuticos Intercélticos e do Espazo Atlántico

Nesta web poderemos atopar información moi útil (de momento en inglés e francés) sobre a historia dos xogos, os resultados e clasificacións así como enlaces a páxinas de interés e unha axenda actualizada e a información práctica precisa para estar ao tanto dos próximos xogos.




Reunión Xogos Náuticos Oporto 2009



GALICIA ORGANIZARÁ OS XOGOS DO 2010

Galicia organizará os Xogos Náuticos Intercélticos e do Espazo Atlántico no ano 2010, mentres que Gales, a outra candidata farao en 2011.

O comité organizador dos Xogos anunciou este venres no Porto que Galiza é o país elixido para a celebración da XVI edición no vindeiro ano 2010. As principais sedes dos Xogos serán Ribeira, Santiago de Compostela, Pontevedra, Castrelo de Miño, Nigrán e Vigo.
A boa comunicación entre as sedes foi un dos motivos que levou ao comité a elixir Galiza como país organizador. Mais o factor determinante foi o feito de ser este 2010 ano Xacobeo . Até a nosa terra chegarán equipos procedentes de 10 delegacións, como son Irlanda, Illa de Man, País de Gales, Cornualles, Escocia, Bretaña, Asturias, Galiza, Portugal e Euskadi. No acto tamén se anunciou que o País de Gales tomará conta da organización da XVII edición, no ano 2011.

Os Xogos Náuticos Intercélticos e do Espazo Atlántico son unha cita obrigada nos veráns dos países ou rexións participantes. Nacen coa intención de promover a práctica de algúns deportes náuticos e tamén de espallar e intercambiar a cultura céltica existente nos lugares que participaban. No ano 2007 Euskadi incorpórase ao evento, que engade "Espazo Atlántico" ao seu título orixinal de "Xogos Náuticos Intercélticos".

No seu 16º aniversario os Xogos visitarán Galiza por terceira vez, xa que foron celebrados en Ferrol, no ano 1997; e na comarca do Salnés, no 2004.


Xogos Náuticos do Espazo Atlántico 2009

O vindeiro ano 2009 do 2 ao 8 de agosto terán lugar na Área Metropolitana de Oporto os Xogos Náuticos do Atlántico en tres sedes: Porto - Matosinhos- Gaia.




Versión imprimible

Inicio