 |
 |
 |
 |
 |
 |
|
 |
|
 |
|
 |
|
Bases Náuticas |
|
 |
|
As Bases Náuticas® son centros situados nunha rede de portos ao longo da costa galega, cuxa finalidade é a de ofertar ás persoas que se acheguen a esos lugares, o material náutico para poder realizar actividades náuticas como vela lixeira, piragüismo, windsurf, submarinismo, etc.
Tódalas Bases Náuticas coordinadas por AGAN e seladas como Bases Náuticas® teñen en común unha normativa de funcionamento e unha comunicación e promoción conxunta, propia do funcionamento en Rede.
O obxectivo principal das Bases Náuticas concorda co principio fundamental de AGAN de impulsa-la práctica de deportes náuticos en lugares con potencial para practicalos. Estas Bases Náuticas® contribúen a medio/longo prazo a un desenrolo planificado de infraestruturas deportivo-náuticas en Galicia, sempre co compromiso de calidade e turismo sostible.
Actualmente existe una Base Náutica en Pobra do Caramiñal (especializada en Buceo) e otra en Ribadeo. Por outra banda a Deputación de A Coruña dentro do PDT Costa da Morte dotou a do material náutico as bases náuticas de: Muros, Carnota, Camariñas, Corcubión, Ponteceso (Corme), Malpica, Carballo e A Laracha (Caión).
Ademáis hai tempo que se plantexa a creación doutras bases náuticas no marco do PDPT Ría de Ferrol-Ortegal como a de As Forcadas. |
|
 |

|
 |
|
O concepto Base NáuticaŽ |
|
 |
|
A Base Náutica® defínese como instrumento de estruturación dunha industria deportivo-náutica galega en fase de despegue, e como proxecto de turismo náutico sostible e de ensinanzas baseado nos deportes náuticos, no respecto e no coidado do ecosistema mariño. Por conseguinte a súa meta é:
• Promocionar a cultura náutica, navegación a vela e respecto e coidado do ecosistema mariño. • Potenciar a prazo unha oferta do sector náutico durante todo o ano, achegando o disfrute das actividades náuticas a toda a poboación da zona de intervención de dita base. • Favorecer a imaxe de calidade dos produto e servizos deportivo-náuticos dunha rede Galega de Bases Náuticas® • Potenciar o turismo náutico creando infraestruturas que ofrezan, segundo a súa configuración (Base náutica® ou Antena BN®), unha gama completa (requisito mínimo para unha Base náutica®: vela lixeira, piragüismo, windsurf, submarinismo) ou específica (ex.: Antena BN® “Surf”) de ofertas deportivo-náuticas. • Favorecer a xeración de emprego tanto directo como indirecto.
Dende o punto de vista das actividades, unha das finalidades principais do proxecto Bases Náuticas® é a de achegar á poboación dun territorio definido un amplo abanico de ofertas deportivo-náuticas para facilitarlles a súa práctica. Segundo a problemática local, a oferta dunha base será global ou temática.
|
|
 |
|
Requisitos |
|
 |
|
Requisito mínimo para a Base Náutica® As 4 actividades de referencia:
• Vela lixeira • Piragüismo • Windsurf • Submarinismo
Outras actividades posibles: Todo tipo de actividade deportivo-náutica
Requisitos mínimos para a Antena BN® Unha (soa) das 4 actividades de referencia: Vela lixeira ou Piragüismo ou Windsurf ou Submarinismo, ou ben unha actividade específica (ex.: surf), que necesítase condicións específicas de práctica.
Outras actividades posibles: Actividades deportivo-náuticas secundarias e coherentes coa oferta principal da Antena BN® (ex: Surf + bodyboard + fly-surf...) + convenios con socios AGAN da zona de emplazamento para complementar a oferta da Antena BN® coas outras 3 actividades de referencia dunha Base Náutica® e/ou toda actividade náutica de interese para o lugar.
As Bases proporcionarán como requisito mínimo servizos de: - Ensino básico de ditas actividades náuticas A Base Náutica® será un centro de ensino homologado polas federacións correspondentes e de actividade náutica reglada ou non reglada de cursos de vela, surf etc. onde os monitores serán os encargados de dar os coñecementos mínimos para realizar a actividade - Aluguer de material (+ reparación de material, segundo as competencias internas) - Información turística (oferta da rede) e meteorolóxica:
Logo pódese aproveita-la ubicación de certas Bases en praias para ofrecer aos municipios un servizo de vixilancia de ditos lugares durante o verán.
Referente á meta de fomento dunha cultura mariña e de concienciación ao medio ambiente inherente ao posicionamento do dispositivo Bases Náuticas® ante as demais instalacións deportivo-náuticas de Galicia, ofreceranse:
- Información/concienciación en canto á “eco-práctica das actividades náuticas” e ao respecto do medio mariño en xeral.
As Bases Náuticas® velarán polo mantemento do medio mariño e pola protección do entorno tendo a obrigación de mostrar carteis que lles subministren para informar das medidas a adoptar para a conservación do mesmo .
- Actividades específicas deseñadas no marco da experimentación Bases Náuticas®, de tipo “Aulas Náuticas Medioambientais” por exemplo.
|
|
 |
|
 |
Versión imprimible
|
 |
|