Saúda
Organigrama
Contacto
Formación
Comercialización
Promoción e eventos
Cooperación internacional
Desenvolvemento sostible
I+D+i
Socios actuais
Colaboradores
Axenda
Notas de prensa
Hemeroteca
Newsletter
 Formación:  Aulas Náuticas Medioambientais | ATAN | Publicacións

Auxiliar Técnico en Actividades Náuticas


O obxectivo da formación ATAN é o de preparar a futuros profesionais do sector da náutica de recreo e deportiva para que adquiran unha cualificación e competencias adaptadas a un sector emerxente en Galicia.

Trátase dun proxecto de profesionalización do sector a través da potenciación de auxiliares técnicos polivalentes (vela lixeira, windsurf, kaiak, submarinismo) para a iniciación e sensibilización a distintas actividades náuticas, con competencias específicas en pedagoxía infantil, medioambiente, xestión administrativa e comercial, atención ao cliente, etc… A formación está ideada para 800 horas con posibilidade de dividilas en 4 módulos de 200 para dar opción á posible incorporación paulatina de alumnos.

Esta formación permitirá adquiri-las competencias necesarias para acceder aos primeiros niveis de emprego permanentes de monitor en Centros Náuticos, Bases Náuticas, Centros ao Aire Libre e Aulas Náuticas Medioambientais.

Este prometo foi deseñado en estreita colaboración con Nautisme en Bretagne (Bretaña francesa) que imparte a formación francesa ATAN (Assistant technicien des Activités Nautiques), o que permitiu unha transferencia de contidos didácticos e de experiencia da formación francesa, co único obxectivo de adecuala á realidade galega.




ATAN- Castrelo de Miño

Prema aquí

Versión imprimible

Inicio